Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía

A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía

Deixamos Cee, o máis concello máis implicado, para o final, e tras repasarmos as imputacións en Mazaricos e Fisterra, analizamos hoxe o auto da Operación Orquesta relacionado cos Concellos de Corcubión e Muxía. E así os apuntamos xuntos, pois o propio auto os recolle nunmesmo punto de análise dada a menor implicación.

De xardíns e obras públicas en Corcubión

Incide o xuíz en que os indicios xurdiron nunha fase máis avanzada da investigación cando xa case cesaran as escoitas telefónicas. Aínda así, o xuíz entende como presunto delito de Tráfico de Influencias os feitos de que a empresa Ogando e o Concello tiveran un acordo previo á adxudicación dunhas obras de axardinamento e embellecemento. Os outros dous proxectos presentados (por empresas en connivencia con Ogando, Excavaciones Yoni Tuñas e Construcciones Casal) para o concurso da licitación das obras eran idénticos, un en galego e outro en castelán, o que dá conta da falta de coidado á hora de amañar un concurso público.

Segundo o xuíz, puido haber tamén acordo previo con outras empresas na licitación da Adecuación do Campo do Rollo, con sendos escritos de renuncia das outras dúas empresas implicadas, coma no caso anterior. Declara o Xuíz que os documentos das outras empresas atopados na empresa muxiá incitan a pensar que Ogando non só preparaba os proxectos das outras empresas senón que avisaba ao alcalde de que empresas tiña que invitar ao concurso.

Como posible delito de Prevaricación, o auto indice no "amaño dos concursos públicos". E apunta o posible delito "suborno" no asunto máis coñecido: a cambio da licitación de estas obras das que falamos, Ogando fará o axardinado e embellecemento de Corcubión de balde, uns traballos valorados en case 10.000€. "En definitiva, que por parte de Daniel Ogando se estaría tratando de subornar ao alcalde para obter obras en Corcubión ofrecendo a cambio o mantemento gratuito dos xardíns".

Pouco movemento por Muxía

Non hai imputación algunha no Concello de Muxía ao entender o xuíz que "non hai indicios suficientes para soster unha imputación formal".

Cómpre destacar que o xuíz desbotou a imputación de Carlos Rey, corcubionés funcionario do Xulgado de Paz do Concello de Muxía durante o 2009. Foi unha declaración do alcalde Félix Porto a que favoreceu o sobreseimento dos delitos propostos contra Rey, unha vez que foi o alcalde o que se puxera en contacto con el para contratar unha orquestra para fin de ano, sen existir pois posible delito de tráfico de influencias. Deste xeito, Carlos Rey queda xa fóra da "orquesta".

Imputados en Corcubión e Muxía

  • Francisco Javier Lema Fuentes "Chisco", alcalde de Corcubión, por presunto delito contra a Administración pública, nas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
  • Daniel Ogando Ogando, da empresa muxián Ogando, por presunto delito contra a Administración pública, nas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.
  • Daniel gando De la Sierra, da empresa muxián Ogando, por presunto delito contra a Administración pública, nas modalidades de tráfico de influencias, prevaricación e suborno.

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

Comentarios