xoves. 14.11.2024
El tiempo

Óscar Insua preséntase como candidato do BNG pola Costa da Morte para o 20N

Óscar Insua preséntase como candidato do BNG pola Costa da Morte para o 20N

"Somos unha das comarcas máis pobres de Galiza e do Estado, e estamos fartos de tantas promesas de Zapatero, de Feijoo, e de todos os Conselleiros e Ministros que só veñen por aquí para poñer primeiras pedras e a comer boas mariscadas, porque cando hai que poñer cartos enriba da mesa esquécense do sabor das centolas e das ofrendas electorais".

Esta foi unha das frases do candidato do BNG pola comarca da Costa da Morte para as eleccións do 20 de novembro, o corcubionés Óscar Ínsua. E o dixo durante a presentación en Vimianzo da equipa da campaña para o 20N, acompañados polo cabeza de lista do BNG por A Coruña, Francisco Jorquera, e polo alcalde vimiancés Manuel Antelo.

"Para nós son moi importantes estas eleccións. Non se trata de se vai gañar o PP ou PSOE, ou se un vai ter maiorúa absoluta ou non. Trátase de que temos aumentar a nosa presencia, ter máis deputados do BNG en Madrid, como Joruqera, porque esa é a garantía de que alguén nos vai defender e intentar dar saída as nosas demandas", apuntaba Insua.

Esa foi a idea na que reincidiu o propio Jorquera, que "É fundamental apostar por nós porque representamos a alternativa útil para Galiza, somos a garantía de que Galiza e esta comarca teñan voz na política estatal, tal e como vos puxo de manifesto Óscar Ínsua”.

Jorquera lembrou que “estamos nunha comarca, a da Costa da Morte, moi castigada polo paro xuvenil. Unha comarca na que os nosos mozos e mozas siguen collendo a mala para emigrar porque non hai saídas laborais. E desde logo, as políticas de recurtes que practican tanto o Goberno central como a Xunta non están contribuíndo a reactivar a economía, e moito menos a crear emprego”. Pois ben, puntualizou, o BNG tamén “é útil para defender no Parlamento do Estado un cambio de rumbo na política estatal, para defender os servicios sociais que substentan ao Estado de Benestar e, sobre todo, para demandar que a creación de emprego sexa a prioridade”.
Jorque tamén destacou que as alternativas do BNG pasan por reforzar o sistema público. “Nunha situación de grave crise hai que impulsar os servizos sociais, a educación e sanidade pública e manter o nivel adquisitivo das pensións”. Así lembrou que unha das razóns polas que o BNG votou en contra dos Orzamentos do 2011 foi pola conxelacións das pensións e sinalou que “os nosos maiores xa están entre os que menos cobran do Estado”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG comarcal.

Comentarios