Martes. 30.04.2024
El tiempo

O BNG denuncia que PP e PSOE seguen usando a Costa da Morte como escaparate electoral

O BNG denuncia que PP e PSOE seguen usando a Costa da Morte como escaparate electoral

O 20 de novembro están cada vez máis preto. E coma sempre que chega época de eleccións, toca sesións de primeiras pedras, de promesas, de fotos na presa... Na nosa comarca ben sabemos de como funciona esto das primeiras pedras, que serven para a foto pero ao mesmo día seguinte a obra está paralizada.

Hoxe é o BNG da Costa da Morte o que denuncia as "distintas escenificacións electoralistas do Partido Popular e do Psoe, uns tirando da autovía comarcal e os outros do parador de Muxía".
Para o BNG "estas pantomimas non son máis que froito das inminentes eleccións xerais". E continúan destacando que "está farto de escoitar os continuos reproches entre os dous partidos, PP e PSOE, e unicamente comparte con eles unha realidade innegable, a falla de investimentos na nosa comarca.

Lembran as promesas do Plan Avanza, que "se converteron en fume, en pura publicidade", ou Plan de Reindustrialización, que teñen como resultado "parques industriais como o de Vimianzo e Cee, que seguen abandonados e parados".

O responsable comarcal do BNG, Oscar Insua declarou que “parece que a nosa comarca é un bo escenario para as comedias do PP e do PSOE. Estamos fartos de estreas, primeiras pedras, de ver aos ministros e conselleiros pasear de festa en festa, e de falsas promesas".

Por último, o responsable comarcal, que tamén será candidato ao congreso nas vindeiras eleccións do 20N, manifestou que “a realidade é a que é, a Costa da Morte retrocede no tempo, crece o desemprego e aumenta a emigración. A fórmula de Feixoo para salvarnos da crise en 45 días esfumouse ao dia seguinte de ser presidente e as fórmulas neoliberais aprobadas polo PSOE-PP aínda perxudican máis aos traballadores para beneficiar ao mercado e aos especuladores. Necesitamos un xiro ás políticas de esquerda, como as que defende o BNG”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG da Costa da Morte.

Comentarios