Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel

21:56 19/10/20
Había mar, bastante mar, esta tarde de luns 19 de outubro, coincidindo ademais coa marea alta. E volveu acontecer. Unha pequena embarcación soltouse do amarre no porto de Corcubión e foi ás pedras.
A rápida intervención permitiu que fose rescatada “san e salva” con apenas unhas rascaduras.