Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden o arranxo da rampa de acceso á praia de Quenxe para as persoas con mobilidade reducida

Paseo de Quenxe Rampa
Estado da rampa da praia de Quenxe
Piden o arranxo da rampa de acceso á praia de Quenxe para as persoas con mobilidade reducida

Xa van 10 días dende que o Grupo Sempre Corcubión denunciaba o seu malestar polo deplorable estado da rampa da praia de Quenxe. Tamén o BNG levantaba a voz polo mal estado da praia e do paseo coincidindo cos primeiros días de “verán”. Pero por agora non houbo movementos, polo que dende o grupo Sempre Corcubión piden de novo melloras na zona.

Sobre todo consideran principal arranxo do acceso con rampla da praia, lembran a máis concurrida de Corcubión, tamén usada pola veciñanza de Cee.

Alfredo González lembra que son moitas as persoas con mobilidade reducida, as que usen cadeiras de rodas ou similares, que de non arranxarse veranse privadas de poder acceder ao areal.

Novas relacionadas

Comentarios