Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Denuncian o abandono da zona de Quenxe neste comezo do verán

Abandono entorno da praia de Quenxe copia
Imaxes desta pasada fin de semana
Denuncian o abandono da zona de Quenxe neste comezo do verán

Adiantouse o verán estas pasadas fins de semana e colleu de improviso ao Concello de Corcubión. A praia de Quenxe enchiuse de veciños da vila de San Marcos e de Cee, pero a contorna non estaba no mellor estado posible.

Por iso, hoxe o BNG pide o coidado das instalacións e o areal. Lembran que “as duchas e lavapés están sen auga”; que “existen zonas da praia con xestas e toxeiras”, que “as papeleiras permaneceron toda a fin de semana e principios da semana cheas de lixo”, que “as fontes lavapés de fundición son inservibles e precisan cambiarse”, que “o parque infantil está semiabandonado e o solo de caucho está levantado”, que “o paseo marítimo permanece sen limpar días e días”, e que “a rampa de acceso para discapacitados segue pechada e sen amañarse dende fai un ano”.

”O goberno local ten abandonado o entorno de Quenxe e non sabemos a que espera para arranxar e realizar o mantemento do mobiliario e dos espazos públicos”, denuncia o voceiro nacionalista, Lois Lado. “O estado no que se atopa o entorno é vergoñento”.

Comentarios