domingo. 01.12.2024
El tiempo

Pioneira Escola de Vela en Corcubión

Pioneira Escola de Vela en Corcubión
Pioneira actividade a que se vai desenvolver a partir deste mes de xaneiro en Corcubión. O Concello de Corcubión aproveita as sinerxias xeradas dende Cataventos Escola de Vela e o Club Marítimo Carrumeiro e crean a primeira Escola de Vela Municipal da bisbarra. Escola que nace co obxectivo de que todos os mozos do municipio poidan achegarse ao mar a través de práctica do Deporte da Vela durante todo o ano. I é que non hai que esquecer que somos unha zona con raíces mariñeiras e hai que transmitirllo aos nosos mozos. Moitas son xa as xentes da bisbarra que se teñen achegado ao mar dende Corcubión. Proxectos como os de Aspadex e Apem, ou O Mar na Escola, fan de Cataventos e do Carrumeiro un auténtico polo de atracción mariñeira. Aquí vemos nos estudios da radiONeria, a Carlos Pazos, técnico municipal, con Noemí Bermúdez e Marcos Trillo, de Cataventos.

En marcha o proceso de inscrición

A Escola Municipal de Vela do Concello de Corcubión para nenos/as de 7 a 12 anos comezará a funcionar en xaneiro. As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745 400 / 981 746 753. Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de Deportes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios