Chinta Louzán, protagonista da charla do aniversario da Plataforma Reiseñores
- Última hora: Finalmente será na Casa da Cultura de Corcubión
07:35 22/11/23
A Plataforma Reiseñores NEE/NEAE Costa da Morte continúa formando ás familias en materia de necesidades especiais, e este sábado 25 de novembro, ás 17:00h celebra o seu primeiro aniversario cunha interesante charla na Casa da Cultura.
Unha xornada arredor da saúde mental, a muller e a discapacidade, centrando a atención na discriminación e o autocoidado. A gran protagonista da xornada será Chinta Louzán, unha muller diverxente de Sardiñeiro, vítima de violencia de xénero, tremendamente comprometida, e membro da plataforma.
Nesta sesión na que colabora a Federación Provincial de Anpas da Costa da Morte (Fedanpas), tamén estará a psicóloga Isabel Varela Castiñeiras e o psicólogo Juan Carlos Dovigo Prieto.