Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Unha feliz viaxe pola vida”, o manifesto de Chinta Louzán polo Día Mundial da Concienciación do Autismo

Co gallo, cada 2 de abril do Día Mundial da Concienciación do autismo, a veciña de Sardiñeiro, Jacinta Louzán Canosa (Chinta) envíanos este Manifesto vivido dende dentro.
Dia do Autismo en Carballo
"Para construír o puzzle do mundo, todas as pezas son necesarias", a mensaxe do alumnado do obradoiro de emprego "Carballo Coida" polo Día Mundial do Autismo
“Unha feliz viaxe pola vida”, o manifesto de Chinta Louzán polo Día Mundial da Concienciación do Autismo

“UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA”

Creo en ti…

Creo nunha feliz viaxe pola vida...

Creo na forza incansable dos meus pais. Creo na paciencia e amor dos meus irmáns, familia e amigos.

Creo en ti mestra/e, porque non te darás por vencida/o e buscarás a forma de ensinarme. Creo en ti coidador/a que me ensinas autonomía con cariño e ledicia.

Creo no empeño dos profesionais (terapeutas ocupacionais, logopedas, psicólogos) que con poucos recursos e espacio fan as sesións de terapia inmellorables.

Creo en vós, voluntarios que tendes o don da empatía e estades conmigo de forma altruísta. Creo na sociedade que me inclúe nos seus plans, pensa en min, respéctame na rúa, parques, e noutros eventos importantes.

Creo nos medios de comunicacións que va coa verdade por diante, apoiando aos meus pais, dándome voz e visibilidade que tanta falla me fai.

Creo en ti, político, que sei que porás todos os teus medios ao teu alcance para que non falten, materiais, infraestruturas, para que todo o demais saia adiante. Sei que por fin te porás da miña parte.

Creo que coa axuda de todos os que respectan a miña forma peculiar de ver o mundo, conseguirei…

”Unha feliz viaxe pola vida".

  • Jacinta Louzán Canosa (Chinta).
Poema de Jacinta Louzán Canosa
Poema de Jacinta Louzán Canosa

 

Comentarios