Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Pleno de Corcubión faille caso á rapazada e declara a Rosalía como Filla Adoptiva

rosalia Filla Adoptiva de Corcubion Alex Lopez
Álex López durante o acto simbólico co alumnado co CEIP celebrado polo Día de Rosalía
O Pleno de Corcubión faille caso á rapazada e declara a Rosalía como Filla Adoptiva

O mes pasado o CEIP Praia de Quenxe e a ANPA Alén organizaba un singular pleno no que o alumnado convertíase en concelleir@s para aprobar a Declaración de Rosalía de Castro como Filla Adoptiva de Corcubión. A cousa non quedaba no mero acto simbólico, senón que a ANPA preocupábase de usar o egulamento de Participación Cidadá municipal para que a moción se votase nun pleno “real”.

O pleno tiña lugar onte, e a moción foi ratificada por unanimidade, sendo xa Rosalía “Filla adoptiva de Corcubión a título póstumo”. “Estou moi contento de que Rosalía aglutine ese consenso na política de Corcubión” sinala Álex López, un dos pais artífices da iniciativa. López foi o encargado de ler un comunicado explicando o sentir da acción, que serviu para “ademais de amosar as institucións ao alumnado”, demostrar o que é “unha escola democrática máxime nun edificio que albergou a escola pública que formou os adultos que somos hoxe”.

Os grupos políticos amosaron o seu agradecemento á ANPA e votaron a favor.

Novas relacionadas

Comentarios