Preguntan pola gran fochanca da parte de atrás da Casa do Concello de Corcubión
10:16 08/12/25
En novembro do 2024 unha máquina elevadora pesada, produciu un accidente laboral na parte de atrás do Casa do Concello de Corcubión. A placa da pista deportiva cedía abrindo un burato de grandes dimensións. Un ano despois a cousa segue igual.
Así o denuncia o grupo de Sempre Corcubión, que se pregunta “Que lle pasa ao goberno municipal do BNG de Corcubión”, que “non ve o perigo de ter ao lado nenos e nenas xogando no resto da pista, nin tan sequera coloca un valado de seguridade para evitar riscos, mentres non se arranxe este oco”.
O grupo alerta das responsabilidades municipais en caso de accidente.
