Luns. 22.04.2019
El tiempo

Quen asume a necesaria responsabilidade de recuperar o fondo de Ramón Caamaño?

Quen asume a necesaria responsabilidade de recuperar o fondo de Ramón Caamaño?
Ramon Caamano-Foto-Olga Osorio copia O fotógrafo muxián Ramón Caamaño nunha foto moi especial de Olga Osorio feita na súa casa museo de Muxía Como apuntaba hai pouco nas Manuel Vilar nas FirmasQPC, é necesario, imprescindible case, visibilizar o fondo fotográfico de Ramón Caamaño. E na Costa da Morte temos bos exemplos nos que fixarnos, como é o caso do traballo que está a facer o Concello coa posta en valor do “Arquivo Vidal”, que mesmo está a piques de conseguir catalogalo como Ben de Interese Cultural. Outro exemplo témolo na veciña comarca da Barbanza, onde o Concello de Porto do Son de publicar un libro, “O Son que coñeceu Ramón Caamaño” coas imaxes do fotógrafo costeiro durante a súa etapa nese concello. Ben é certo houbo, e hai, xente moi interesada en darlle o protagonismo que merece, pero lamentablemente atopámonos con moita xente comprometida, e pouca administración interesada. Atopamos persoas individuais como Xan Fernández Carrera, que mesmo ten realizado unha biografía sobre o fotógrafo muxián (“Ramón Caamaño, Historia Viva da Costa da Morte”); Miro Villar, Manuel Vilar, Manuel Sendon (que tamén utilizou algunhas fotos para os seus libros) ou os alcaldes nacionalistas, o muxián Bautista Paz e o corcubionés Rafael Mouzo, que se amosaron en moitas ocasións dispostos a axudar para que unha administración se ocupase de poñer en valor o patrimonio fotográfico. Pero a realidade é que a día de hoxe as máis de 50.000 fotos (non están contabilizadas) fican nun pequeno museo, que coida o seu xenro na súa antiga casa de Muxía. Chete Pose vive en Corcubión e custodia o fondo, pero xa non ten forzas para seguir escaneando. “Fisicamente o legado atópase en bo estado, pero aínda que, como é loxico, está todo desordeado, pois eu non son quen de ordealo como se merece”, recoñece o propio Chete. Xa ten máis de 3.000 fotografías escaneadas e etiquetadas, pero realmente é un traballo que deberían facer profesionais, pois non se trata só de imaxes, se non das historias que hai detrás. “O meu sogro ten papeliños explicativos de cada foto e esa información é a que realmente lle dá vida ás imaxes”, explica Chete, que ten xa empregado centos de horas en ir recuperando o fondo. “Cando aínda vivía, pasábamos horas colocando fotos e poñendo información, agora é máis difícil”. De feito, e como valora Vilar, “debería terse catalogado con Caamaño en vida, porque podería dar moita información das imaxes”. Muxia Primeira foto do fotografo- R Caamaño-Xaneiro de 1924 Primeira foto realizada por Ramón Caamaño, na súa Muxía natal en xaneiro de 1924

Quen pode asumir a responsabilidade

Nos últimos tempos dúas administracións, que ademais deberían ser as que de verdade tomaran o papel principal, téñense interesado. O alcalde de Muxía, un Félix Porto que agora que vai deixalo barco, mantivo, a raíz dun encontro organizado por Xan Fernández Carrera, unha negociación con Chete Pose, pero non houbo avances, por discrepancias no valor económico do fondo. “Interésase agora que vai marchar…” lamentou Pose. É patente ademais a sensibilidade de Goretti Sanmartín, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, con estes temas, e de aí a súa colaboración coa recuperación do Arquivo Vidal, e con outro proxecto de posta en valor de dous fotógrafos composteláns, Ksado (que foi mestre de Caamaño) e Tino Martínez. Pero parece que o acordo está lonxe de materializarse. Ambas institucións deberían facer moito máis para recuperar un legado que serve e servirá de enciclopedia fotográfica da historia da Costa da Morte durante o século XX. Corcubion 1925-Foto-Ramon Caamano Ramón Caamaño tamén viviu motos anos en Corcubión. Aquíunha imaxe de 1925-Foto-Ramon Caamaño

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/visibilizar-o-fondo-fotografico-de-ramon-caamano-a-fotografia-como-documento-e-patrimonio-cultural/  

Comentarios