Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Redonda expón a maquinaria e as ferramentas dos anos 60 na Feira Saber Sabor de Aldea

Cartel Feira S Roque Corcubion
A Redonda expón a maquinaria e as ferramentas dos anos 60 na Feira Saber Sabor de Aldea

Volven unirse as tres asociacions veciñais da parroquia de Redonda (Corcubión). Despois de varias actividades vinculadas co tema forestal, desta volta as AAVV Lugar de Quenxe, AAVV San Roque e AAVV San Pedro de Redonda, organizan unha feira histórica.

O Saber Sabor da Aldea, celebraráse o sábado 3 de agosto convetindo o campo de San Roque nunha feira de maquinaria e ferramentas empregadas no agro hai 50-70 anos. Arados de madeira ou tronzadores, compartirán protagonismo con ferramentas de toda a vida e mesmo produtos típicos que se seguen plantando na zona.

Para todo isto montaranse unhas casetas de madeira onde varios artesáns da contorna estarán facendo demostracións.

”O obxectivo que queremos conseguir con esta feira é recoñecer o mérito desa xeración, dos traballadores e traballadoras que coa súa suor conseguiron non so manter familias e aldeas, se non que achegaron a súa sabiduría, mantiveron o noso patrimonio e perduraron a nosa cultura”, explica dende as entidade. “Eles son os que nos transmiten esa tradición e dos que aprendemos coa elaboración desta feira cada día”.

A feira estará aderezada pola música tradicional.

Comentarios