A Redonda organiza os puntos de descarga forestal

Bo exemplo en clave de ordenación do territorio para moitas parroquias e comunidades de montes o que trae a parroquia de San Pedro da Redonda, en Corcubión. Despois de manter varias reunións, veciñanza e maderistas chegaron a un acordo para ordenar os puntos de descarga de madeira.
A proposta, realizada polas Asociacións de Veciños Lugar de Quuenxe, San Pedro da Redonda e San Roque, en acordo con parte do sector madereiro, terá que pasar a agora a unha Ordenanza municipal. “O consenso de pactar zonas específicas para o depósito de madeira crese necesario e moi importante para evitar posibles conflitos, deste xeito pretendese crear un precedente para esquivar problemáticas a futuro”, explican dende as entidades.
O acordo, que confía nas “boas prácticas” duns e outros, elimina 6 ou 7 puntos que había anteriormente, e define unha serie de espazos que serán acondicionados para ser puntos de referencia.