As Asociacións da Redonda organizan unha xuntanza coas empresas madeireiras
08:23 12/10/23
Continúan o seu programa de accións conxuntas as tres asociacións da parroquia corcubionesa da Redonda. As AAVV de San Pedro de Redonda, AAVV Lugar de Quenxe e AAVV San Roque, organizan este vindeiro sábado no Albergue de San Roque, ás 16:00h, a primera Xuntanza veciñal con empresas madereiras.
Esta ten como obxectivo primordial iniciar o diálogo entre os veciños e diferentes empresas maderistas que traballan na zona, sobre a sinalización de puntos de descarga da madeira consensuados por ambas partes, dentro dos límites parroquiais.
A xuntanza será a primera de toda a comarca en abordar tal cuestión e promete acadar acordos fructíferos á par de importantes.