Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A reforma da Praza Castelao entra na campaña de Corcubión

Reforma Praza Castelao Corcubion 2023
Imaxe do proxecto de reforma da Praza Castelao de Creus e Carrasco
A reforma da Praza Castelao entra na campaña de Corcubión

Leva décadas a reforma da Praza de Castelao enriba da mesa. En 2009 realizábase mesmo un concurso de idea, pero foi quedando no caixón ante a falta de consenso para sacar un proxecto tan importante coma este, que pode cambiar a fisionomía dunha vila enteira.

Pois esta venres, a 10 días das eleccións municipais de 2023, o grupo de goberno vén de anunciar que presentou a solicitude de fondos europeos para a reforma integral da praza ante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, dentro do “programa de mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico omo uso turístico”.

Faino apoiado nun proxecto de Creus e Carrasco, que crea zonas humanizadas, non só no corazón da vila, senón tamén en todo o paseo ata o porto, ata o Cárcere Vello e ata a Praza José Carrera, a praza do Concello.
O proxecto suporía 1,7 millóns de euros.

Reforma Praza Castelao Corcubion 2023 2

Presentación do PSOE

PSOE CORCUBIÓN 19 maio lalo insua

Foi un dos argumentos principais da presentación da lista do PSOE esta fin de semana na Casa da Cultura. Acompañados de Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral provincial, o actual alcalde e candidato Lalo Insua, e o segundo Pepe Louro, destacaron que o seu programa está “centrado sobre todo nos servizos sociais”, que no caso de Corcubión son “totalmente públicos e os imos seguir mantendo e mellorando”.
O alcalde socialista afondou na necesidade de “manter todo o que temos” logo dos últimos 12 anos de goberno do PSdeG na vila. “Imos pelexar e seguir pelexando para que a Xunta asuma as súas competencias en Corcubión”, engadiu. Tamén fixo fincapé no obxectivo de “humanizar o máximo posible a parte histórica da vila”.

PSOE CORCUBIÓN 19 maio 1

Comentarios