Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Saca o Titulín para embarcacións menores co Clube Marítimo Carrumeiro

Saca o Titulín para embarcacións menores co Clube Marítimo Carrumeiro

Unha boa ocasión para sacar o papel necesario para sacar unha barca cando che apeteza. O Club Marítimo Carrumeiro Corcubión organiza o curso para sacar o Curso Titulin, a autorización federativa a motor que habilita o goberno de embarcacións a motor de ata 6 m de eslora, 40kw, 54cv e 2 millas.

Todos os interesados poden preguntar a Noemí Bermúdez de Castro Elorza máis información no 666 36 93 24 ou en [email protected]. A primeira reuión informativa será este vindeiro mércores 26 de outubro ás 20:30h nas instalacións do clube no peirao corcubionés, pois o próximo exame xa é o 4 de novembro.

O precio do curso, que inclúe a teoría, as taxas do exame e a expedición da tarxeta, é de 155€.

O clube xa entregara unha vintena de títulos o pasado 2009.

Novas relacionadas

Comentarios