Os socialistas culpan ao BNG de toda problemática xerada polo electricista de Corcubión

Casa do Concello de Corcubión
Eterna semella a polémica arredor do electricista de Corcubión, un dos “dous traballadores municipais con soldo pero sen traballo”. Tras anos de denuncias contra o Concello, da implicación directa dos sindicatos… o Concello de Corcubión quere dar conta da última sentenza, firme, do Xulgado do Social nº1 da Coruña arredor do xa famoso Caso Sambade.

Todo parte da multa que a Inspección de Traballo en 2014 ao Concello a raíz dun informe que aseguraba que a conduta despregada dende o Concello para o traballabor "atenta contra a dignidade desta persoa, dispensando un trato degradante que implica humillacións, vexacións, menosprezo e desprestixio profesional”.

Pero o Xulgado da Coruña vén de deixar sen efecto esta multa de 6.251 euros trala demanda presentada polo Concello fronte a aquela sanción por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industra da Xunta.

A sentenza baseábase en que o electricista non ten a titulación oficial acreditativa para relizar traballos “en tensión”, e niso xustifica que o Concello non puidese presentar un informe co traballo realizado polo traballador.

O Concello amósase satisfeito, deixando claro ademais que “non pode considerarse que a contratación dunha emrpesa externa para realizar traballos de mantemento supoña un indicio da comisión de infracción. Por tanto non concurren os principios de culpabilidade nin de proporcionalidade, debendo ser estimada a demanda” que o Concello presentou fronte a Consellería.

Por iso, e considerando que “a orixe da problemática é a falta de capacitación e cualificación do traballador”, o grupo de Goberno bota culpas ao goberno que o contratou, que neste caso foi o BNG, antes da chegada dos socialistas ao poder.

Aproveita o Concello para lembrar que o traballador xa presentar unha denuncian en 2012 por acoso contra o ex alcalde Chisco Lema, pero que >foi absolto en 2015

Así, o Concello, continúa pagándolle un soldo a un electricista ao que non lle dá traballo, mentres lle paga a unha empresa externa polo mantemento eléctrico de todo o Concello, polo menos non terá que pagar unha multa.

 

Novas relacionadas