xoves. 07.11.2024
El tiempo

Os sindicatos reiteran que a RPT de Corcubión prexudica aos empregados públicos municipais

O Concello segue arrastrando, dende hai case 20 anos, o problema do electricista
Pleno de Corcubion
Imaxe dun pleno de Corcubion
Os sindicatos reiteran que a RPT de Corcubión prexudica aos empregados públicos municipais

Xa denunciaban irregularidades o pasado mes. E hoxe a Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) volve facelo: A Relación de Postos de Traballo aprobada, inicialmente e co voto de calidade do alcalde de Corcubión, que está en proceso de exposición pública, contén “numerosos erros e perxudica gravemente ao conxunto de todos os empregados públicos municipais”.

O sindicato cuestiona o traballo da empresa encargada, a mercantil J.L. Tudó Consultoría, que a fixo noutros concellos da provincia (Betanzos, Camariñas), por carecer de información dalgúns empregados. “Descoñecemos se o alcalde lles facilitou toda a información correcta e completa ou ben se ocultou cal é a situación real dalgúns traballadores, como xa sucedeu en reiteradas ocasións”, apuntan.

Caso electricista, case de 20 anos de conflito

FAC-USO subliña que o caso máis curioso é o posto de electricista que, segundo a propia empresa, “non é un posto estrutural”, cando está presupostado desde 2003, e logo de tantos anos, conta con varias sentenzas firmes ao seu favor: unha delas declarando nulo o seu despedimento, condenando ao consistorio á súa readmisión inmediata e a abonarlle os salarios deixados de percibir; noutra, condenouse a abonarlle o plus de productividad; e nunha terceira, quedou demostrado o”?acoso” ao que está sendo sometendo, desde fai máis dunha década, ese traballador.

Novas relacionadas

Comentarios