O electricista entra finalmente na OEP, pero non na RPT, de Corcubión

Moitas voltas está a dar o regulamento dos postos de traballo no Concello de Corcubión. Ata o 70% dos traballadores municipais presentaron alegacións á Relación de Postos de Traballo, un documento que non recollía a realidade do Concello, ata o punto que recoñecía que hai “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello.
Finalmente, e despois das presións dos sindicatos, o concello determinou incluír na Oferta de Emprego Público (OEP) extraordinaria de estabilización a praza de electricista que, paradoxalmente, non figura na Relación de Postos de Traballo, pese a que leva desde fai máis de 20 anos prestando servizo. O Caso Sambade segue o seu periplo xudicial.
En calquera caso, o Sindicato FAC-USO felicita ao Concello por incluír a praza na OEP pero lle piden ao alcalde, Lalo Insua, que siga negociando para mellorar a RPT.
.
Novas relacionadas
- Maio 2022: Os “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello de Corcubión.
- Abril 22: Os sindicatos reiteran que a RPT de Corcubión prexudica aos empregados públicos municipais.
- Marzo 22: FAC-USO e BNG denuncian os erros da RPT aprobada inicialmente en Corcubión.
- 2014: Nova multa da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión polo caso Sambade.
- 2011: O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.