Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello de Corcubión

Casa do Concello de Corcubion 2
Os “dous traballadores con soldo pero sen traballo” no Concello de Corcubión

Non acaba nunca, o Caso Sambade, no Concello de Corcubión. 20 anos de lixitios van xa nos que tanto o electricista Juan Carlos Sambade Calo e o Arquitecto Técnico José Jesús Baliña Romero teñen problemas laborais. O último episodio dase arredor da aprobación parcial da Relación de Postos de Traballo. Unha RPT moi criticada pola Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia), que fai fincapé en que deixa fóra a dous empregados que levan desde 1986 e 2003, respectivamente, prestando servizo en Corcubión.

FAC-USO recorda que o Arquitecto Técnico atópase, a día de hoxe, en situación de excedencia forzosa, e que a semana pasada “recibiu unha comunicación do consistorio corcubionés para que se xubile, chegando a pedir, ata, o seu informe de vida laboral”.

Paralelamente, o posto de electricista que, segundo o Concello, “non é un posto estructural”, cando traballa desde 2003, e obtivo varias sentenzas firmes favorables: declarando nulo o seu despedimento, condenando ao consistorio á súa readmisión inmediata e a abonarlle os salarios de tramitación; condenando a abonarlle o plus de productividade; e unha terceira, na que quedou demostrado o “acoso” ao que está sendo sometendo, desde fai máis dunha década, este traballador.

A situación deixa patente unha gravísima situación: o Concello soporta os soldos de dous traballores que non traballan. Un problema que radica na propia natureza da administración.

Admais, xa tivo que pagar dúas multas de 15.000 euros e de 6.251 euros, respectivamente, pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social.

Novas relacionadas

Comentarios