Venres. 26.04.2024
El tiempo

FAC-USO e BNG denuncian os erros da RPT aprobada inicialmente en Corcubión

Casa do Concello de Corcubion
FAC-USO e BNG denuncian os erros da RPT aprobada inicialmente en Corcubión

Xa o denunciaba a semana pasada o BNG, e esta é a Federación de Atención Cidadá da Unión Sindical Obrera en Galicia (FAC-USO Galicia), a que levanta a voz polos erros que se veñen de realizar durante a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Corcubión, documento que se atopa en exposición pública.

Se o BNG, que se abstivo na votación plenaria, avisaba de numerosas deficiencias, e mesmo sinalaba que o o propio alcalde recoñece que xera desigualdades entre o persoal do concello e que non recolle todas as demandas e necesidades reais, FAC-USO considera que ten numerosos erros e que terá importantes repercusións económicas.

O Sindicato asegura que “prexudica gravemente ao conxunto dos empregados públicos municipais”, pois “hai situacións particulares de traballadores que non se viron reflectidas no documento”. Valora que terá “repercusións económicas para a maioría dos empregados municipais: no presente nos salarios e as cotizaciones sociais e, nun futuro próximo, na cuantía das pensións de xubilación”.

Por iso piden que se anule e se modifique o documento antes da súa aprobación definitiva.

Comentarios