Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Moraime viviu unha especial sesión barroca

Concerto de Afecto y Desdén en Moraime 2
Moraime viviu unha especial sesión barroca

Máxico o concerto que ofreceron "Afecto y Desdén" este pasado sábado no privilexiado espazo da Igrexa de Moraime. O cuarteto formado pola soprano Gemma Román, Víctor Blanco (arpa e guitarras), Adrián Esperón (teorba e guitarra) e Pablo Ruibal (viola da gamba e guitarra) trouxeron unha serie de sons barrocos tremendamente.

Concerto de Afecto y Desdén en Moraime

A sesión resultou ser un éxito, houbo moita afluencia de público, máis do previsto, incluso os programas de man escasearon. O público entregado e se erguía en pleno ao final do acto, obrigando ao grupo a facer varios bises. I é que foi un concerto moi didáctico, pois ademais da música houbo explicacións didácticas sobre a música e os compositores da época, sobre os instrumentos históricos cos que conta o grupo, (non todos os días se pode ver e escoitar unha arpa barroca con dous ordes en directo, unha teorba, unha viola da gamba ou unha guitarra barroca). As pezas italianas tamén foron declamadas en castelán como introdución, algo que fixo que o público entendese mellor estas pezas.

Como divertida anécdota podemos destacar que xusto nunha peza que falaba de loucura "Eu son unha loucura" un simpático caniche branco que estaba xusto na porta da igrexa moi atento ao concerto, comezou a ouvear case ao son da música.

As autoridades amosáronse moi satisfeitas co evento, de feito barallan repetir ou mesmo ampliar o número de actos dedicados a este tipo de música, pola boa acollida que están a ter.

Vindeira cita

O vindeiro 23 de decembro en Corcubión a soprano Gemma Román volverá actuar, neste caso cun repertorio de Nadal no dúo Vento Dolce xunto coa pianista Andreina Muñoz.

 

Comentarios