Sumar amosa a súa preocupación polo abandonado proxecto do Centro de Día no Asilo de Corcubión
Na visita realizada dentro desta campaña electoral a Corcubión por membros da lista electoral Sumar Galicia, visitaron o edificio do Centro de Día acompañados do concelleiro de Sempre Corcubión, que lle explicou a lamentable situación despois dunha década de inactividade.
Sempre Corcubión incide na necesidade de darlle unha saída a este fracaso de plan, pois como decían algúns: "a solución non cae do ceu". Despois de recollidas de firmas, protestas de rúa, cambios de gobernos municipais, etc, "un todo e un nada para un edificio que está deteriorándose e quedando sen actividade", a pesar dos numerosos investimentos na súa rehabilitación.
Os membros de Sumar Galicia tomaron nota na súa folla de ruta na preocupación deste Centro de Día tan esquecido nestas eleccións.
Máis novas