Venres. 26.04.2024
El tiempo

Toño Casais será o mestre de teatro en Corcubión

Toño Casais será o mestre de teatro en Corcubión

Hoxe, día 20 de setembro, e ata o 29 de setembro o Concello de Corcubión abre o prazo de inscripción para o novo curso 2011 da Escola de Teatro Municipal de Corcubión.

A escola comezou a súa andaina no ano 2008 e está dirixida por Toño Casais da prestixiosa compañía "Talía Teatro".

Este ano, como novidade, preténdese facer tamén un grupo de traballo de maiores, sempre que haxa o quorum necesario. Ata o de agora a escola só estaba dirixida aos máis pequenos.

Así, as persoas, a partir dos 6 anos, interesadas en formar parte da escola, poden inscribirse no Concello en horario de oficina. A primeiros de outubro haberá unha reunión cos inscritos para falar dos horarios e demais temas de interese da escola.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión, da man do Concelleiro de Cultura, José Antonio Louro Pais.

Comentarios