Toño Casais será o mestre de teatro en Corcubión
09:10 20/09/11
Hoxe, día 20 de setembro, e ata o 29 de setembro o Concello de Corcubión abre o prazo de inscripción para o novo curso 2011 da Escola de Teatro Municipal de Corcubión.
A escola comezou a súa andaina no ano 2008 e está dirixida por Toño Casais da prestixiosa compañía "Talía Teatro".
Este ano, como novidade, preténdese facer tamén un grupo de traballo de maiores, sempre que haxa o quorum necesario. Ata o de agora a escola só estaba dirixida aos máis pequenos.
Así, as persoas, a partir dos 6 anos, interesadas en formar parte da escola, poden inscribirse no Concello en horario de oficina. A primeiros de outubro haberá unha reunión cos inscritos para falar dos horarios e demais temas de interese da escola.
Novas relacionadas
- Corcubión prepárase para a IX Carreira Popular.
- Talía Teatro puxo o peche a unha nova e abarrotada Mostra de Teatro de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión, da man do Concelleiro de Cultura, José Antonio Louro Pais.