Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión

Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión
Unha persoa resultou ferida na mañá de hoxe a consecuencia dunha colisión por alcance entre dous vehículos que tivo lugar sobre as 13 horas en Corcubión. Unha ambulancia do 061 trasladou o ferido ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee aqueixado dunha forte dor nas costas. Ata o lugar dos feitos desprazouse o equipo de bombeiros de Cee que se encargou de recoller os restos dos vehículos que se atopan na estrada e colabarar coa grúa na retirada dos coches. Ésta está sendo unha semana especialmente tráxica nas estradas da Costa da Morte despois de que o pasado luns falecese nun accidente de tráfico a xoven Paula Sueiro en Agualada e que onte á noite se rexistrasen dous atropelos, un en Baio e outro en Cee. Novas relacionadas Fonte Redacción QPC ([email protected]) Bombeiros Cee  

Comentarios