Un Nadal Solidario co lobo Mariño Fisterra
Outra das consecuencias dos temporais de mar (ademais de poder ver tolos surfeando…) son os varamentos. As nosas costas reciben visitas inesperadas, como a do lobo mariño Fisterra.
Se o ano pasado a zona volcábase co pequeno Raciño, desta volta a chegada do lobo mariño ás costas de Fisterra hai 12 días tamén revolucionou aos veciños. “Fisterra”, como o apodaron os membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños CEMMA, está recuperándose na UCI que ten dispoñible a Rede de Varamentos de Galicia no Museo da Natureza de Ferrol, a cargo d@s compañeir@s da SGHN, que compoñen a Unidade Móbil do Norte da CEMMA.
A entidade vén de abrir unha campaña de Nadal, para a percura de subministro alimenticio para o lobo mariño fisterrán. E xa recibiron unha aportación da empresa SEAGOOD do grupo Porto Celeiro, consistente en 40 kg de sardiña, que nos vai fornecer ata a primeira semana do ano que ven. FISTERRA é un lobiño moi pequechiño, dos máis pequenos que tiveron no CEMMA nos últimos anos, vai queimando fases da recuperación e avanzando no seu mellor estado de saúde. Responde ven aos tratamentos preventivos e xa vai comendo só. En breve, voltará ao seu mar.
Unha tartaruga morta en Corcubión
Apareceu unha nova tartaruga de coiro morta na costa, nesta ocasión en Corcubión. Se queredes saber máis das tartarugas que nos visitan botádelle un ollo ao monográfico de Eubalaena no CEMMA.
Novas relacionadas
- Surfeando o temporal.
- Superando o primeiro temporal de mar.
- Raciño volve ao Gran Sol.
- 03-02-14: O lobo mariño Raciño recupérase do temporal.
- Exemplos prácticos do ben que funciona Salvacadelos.
- Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas.
- O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Crónica dun ataque mortal dun tiburón en Fisterra.
- O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros.
- O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros.
- Unha balea de 20 metros varada en Muros.
- O tiburón momo peregrina de novo ata Fisterra.
- A tartaruga fisterrá Parda volve ao mar.
- Novas visitas de golfiños, vivos e mortos, por Carnota, Fisterra e Muros.
- Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira.
- A foca Nariga volve ao Gran Sol.
- Muros, cemiterio de animais exóticos.
- Unha balea apesta Muros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).