xoves. 08.05.2025
El tiempo

Un Nadal Solidario co lobo Mariño Fisterra

Un Nadal Solidario co lobo Mariño Fisterra
O lobo marino Fisterra xa case pode volver ao mar-Foto-CEMMA

Outra das consecuencias dos temporais de mar (ademais de poder ver tolos surfeando…) son os varamentos. As nosas costas reciben visitas inesperadas, como a do lobo mariño Fisterra.

Se o ano pasado a zona volcábase co pequeno Raciño, desta volta a chegada do lobo mariño ás costas de Fisterra hai 12 días tamén revolucionou aos veciños. “Fisterra”, como o apodaron os membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños CEMMA, está recuperándose na UCI que ten dispoñible a Rede de Varamentos de Galicia no Museo da Natureza de Ferrol, a cargo d@s compañeir@s da SGHN, que compoñen a Unidade Móbil do Norte da CEMMA.

A entidade vén de abrir unha campaña de Nadal, para a percura de subministro alimenticio para o lobo mariño fisterrán. E xa recibiron unha aportación da empresa SEAGOOD do grupo Porto Celeiro, consistente en 40 kg de sardiña, que nos vai fornecer ata a primeira semana do ano que ven. FISTERRA é un lobiño moi pequechiño, dos máis pequenos que tiveron no CEMMA nos últimos anos, vai queimando fases da recuperación e avanzando no seu mellor estado de saúde. Responde ven aos tratamentos preventivos e xa vai comendo só. En breve, voltará ao seu mar.

Unha tartaruga morta en Corcubión

Unha tartaruga aparecia morta en Corcubion-Foto-CEMMA

Apareceu unha nova tartaruga de coiro morta na costa, nesta ocasión en Corcubión. Se queredes saber máis das tartarugas que nos visitan botádelle un ollo ao monográfico de Eubalaena no CEMMA.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios