Un novo accidente nas estradas de Corcubión


A pasada tarde de luns, rexistrábase un accidente arredor das 17:25, na Estrada CP2801, que sae do campo de San Roque na primeira curva ao pasar o albergue, no punto quilométrico 5700. O vehículo remataba coas rodas para o ceo e a vítima (o único ocupante) puido saír polo seu propio pé. Uns veciños que aseguraron ser médicos atenderon á vítima e o mantiveron en posición lateral de seguridade ata a chegada da ambulancia.
Limpeza se estrada
ASí mesmo, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir ás 0:20h da pasada madrugada ata o lubar de Regoelle, Olveira, Dumbría. Tiveron que limpar uns 25 metros da estrada vai de Baiñas a Olveira, diante do Bar Carreira, e outros 50 metros na que está a carón do Bar para Tras da Eira.
Durante case unha hora e con case 2.000 litros de auga, 25 litros de dispersante diluíron as manchas e lavaron a estrada, ditas manchas parecían de gasóleo con aceite.