Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un outono de magosto, trompo e samaín no Praia de Quenxe

Un outono de magosto, trompo e samaín no Praia de Quenxe
dia-do-peon-no-ceip-praia-de-quenxe

Espectacular outono o que o CEIP Praia de Quenxe e a ANPA Alén están a ofrecer para dinamizar a vida escolar do centro corcubionés. Poden estar contentos os rapaces da vila de San Marcos coa implicación dos seus pais e nais e dos seus mestres, que lles permitiu disfrutar de tradicións como o Día do Peón, o Samaín ou o Magosto.

"Polo San Martiño, trompos ao camiño”

peques-de-corcubion-xogando-ao-peon-polo-san-martino

A que armou a Anpa Alén no cole corcubionés. O pasado 11 de novembro, pais e nais repartiron buxainas entre os máis novos e fixeron de monitores improvisados. E conseguiron que os rapaces disfrutasen con este xogo popular tan sinxelo e auténtico. A sesión foi un éxito que demostra que hai cousas que a, pesar dos avances tecnolóxicos, só é darlles un empurrón para que nunca esmorezan.

Este ano houbo unha novidade. Sortearon 9 trompos artesanais (un por cada clase) donados a esta ANPA por Marcos de Marisol, que farán que algún deses pequenos corcubioneses deixen a tablet un anaco e proben a bailar o peón, o trompo, a buxaina… como facían os nosos antergos.

nais-e-pais-da-anpa-alen-ensinando-a-usar-o-trompo polo-san-martino-salta-o-peon-ao-camino-en-corcubion peons-artesanais-de-marcos-de-marisol  

Magosto completo e… Samaín

os-peques-do-ceip-praia-de-quenxe-de-saida-a-apanar-castanas Álex López da ANPA Alén coa decoración de Samaín do CEIP Praia de Quenxe Álex López da ANPA Alén coa decoración de Samaín do CEIP Praia de Quenxe

Menudo magosto completo o que disfrutaron os cativos do cole. Cantando o “non chas quero, non chas quero”, os rapaces comprobaron ademais que para comer hai que traballar, e para gozar desas castañas asadiñas sempre tan apetecibles, houbo que saír a apañañas. E que ben o pasado, desde os pequechos de 3 ata os maiores, na saída a un souto que hai en San Roque, co permiso dos seus donos, para apañar as castañas e disfrutar da natureza durante unha tarde espectacular de outubro.

Xa coa colleita realizada, esas castañas estaban pensadas para gozar do Samaín no centro, nunha cita que contou coa actuación desinteresada do grupo Peta Forte e a colaboración con castañas e chocolate pola Anpa.

castanas-apanadas-polos-cativos-do-praia-de-quenxe magosto-no-ceip-praia-de-quenxe-con-peta-forte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios