Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Un San Marcos para todos en Corcubión

Un San Marcos para todos en Corcubión
Festas San Marcos Corcubion 2012

Mércores e vernes. Así prantexaron as Festas de San Marcos, o patrón da vila, a mocidade de Corcubión, que toma o relevo na Comisión de Festas. E pensando nos máis tradicionais, pero tamén nos novos emigrantes que volven a casa cada venres, as festas combínanse para o vindeiro mércores 25 e venres 27 de abril.

O mércores haberá festa dende a mañá, e espertaremos a ritmo das gaitas de Peta Forte. Trala procesión coa fermosa imaxe de San Marcos da Cadeira (ás 11:15h) e misa (12:00h), na que se podería cantar o o himno a San Marcos feito por Don Emerito, toca Sesión Vermú coa orquestra Miramar, que volverá pola noite a partir das 22:00h.

Para o venres haberá máis verbeneo e pouco rockanroll. O grupo Triunfo e a orquestra Marbella farán bailar a toda a vila de San Marcos, nunca mellor dito.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios