Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Un xaponesa e un ourensán recibiron en Corcubión o Premio Plácido Castro de Tradución

Un xaponesa e un ourensán recibiron en Corcubión o Premio Plácido Castro de Tradución
A Capela do Pilar acolleu a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución A Capela do Pilar acolleu a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución

A vangarda do mundo da tradución en galego xuntouse este pasado 26 de setembro en Corcubión. A Capela do Pilar acollía o acto de entrea do XIV Premio Plácido Castro de Tradución, destinado a promover entre todas as presoas profesionais da tradución de Galicia versión en lingua galega das grandes obras da literatura universal.

As traducións gañadoras deste ano foron, da xaponesa Mona Imai, Botchan de Natsume Soseki, e do ourensán afincado en Compostela Alejandro Tobar, O Forasteiro Misterioso.

A xaponesa Mona Imai concorreu nesta edición cunha tradución da obra Botchan, novela do escritor e poeta nipón Natsume Soseki, publicada por primeira vez en 1906. N. Soseki é o pseudónimo literario de Natsume Kinnosuke (1867-1916), profesor de literatura inglesa, escritor de haikus e de poesía chinesa. Botchan baséase na experiencia do propio autor como docente e narra as aventuras dun profesor natural de Tokio e que choca coa xente de provincias coa que convive. Trátase dunha das obras máis populares e lidas en Xapón nos últimos cen anos.

Alejandro Tobar concorreu coa tradución O forasteiro misterioso, de Mark Twain, a derradeira novela que intentou realizar este autor estadounidense. O centro da obra é un comentario social que aborda as súas ideas acerca do sentido moral.

O xurado, composto por Carlos Arias (Xunta), Camiño Noia (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Universidade de Vigo), Antón Santamaría (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (IGADI). destacou, no caso da tradución de Mona Imai, a sutileza e a capacidade para traer para o galego unha obra creada nunha cultura distante como a xaponesa, e tamén, no caso de Alejandro Tobar, a viveza do estilo e a naturalidade da lingua que leva a un pracer lector certamente estimable.

Integraron o xurado desta edición: Susi Castro Sineiro (Fundación Plácido Castro), Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Camiño Noia Campos (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Antón Santamarina (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (Director do IGADI), quen actuou en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios