Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha alternativa para o lecer dos cativos de Corcubión en Semana Santa

Unha alternativa para o lecer dos cativos de Corcubión en Semana Santa

Continuando co programa de actuacións para a prevención de drogodependencia que a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión iniciou o pasado mes de xaneiro cun obradoiro no CEIP Praia de Quenxe para o alumnado de 5º e 6º de primario e cun obradoiro no IES Fernando Blanco para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Así, durante o mes de abril e co fin de ocupar o tempo de lecer da mocidade durante a Semana Santa, levarase a cabo no Pavillón municipal, a actividade de prevención “alternativa lúdica-deportiva para unha vida sá”.

Durante os días 2, 3, 4 e 5 de abril, a mocidade corcubionesa de entre 14 e 21 anos, poderán competir por grupos na trimaratón de futbol sala, volei e baloncesto, para rematar o día 5, no Campo de San Pedro, coa actividade de paintball. Todas as mozas e mozos interesados deberán inscribirse no Concello ou no Pavillón ata o 30 de marzo.

Dita actividade, que ten como obxectivo, concienciar e motivar á mocidade sobre a necesidade de agruparse e buscar alternativas para ocupar o seu tempo de lecer, está organizada pola Concellería de Servizos Sociais, conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello e está subvencionada pola Deputación Provincial.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios