Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha Foliada cos Jaiteiros da Coteleira na radiONeria

Unha Foliada cos Jaiteiros da Coteleira na radiONeria

Continúa Paco do Muxico facendo unha fermosa colleita de música tradicional galega pola Costa da Morte no seu programa da radiONeria que leva por título Foliada.
Son moitos os grupos que xa ten visitado. Grupos como As Raigañas de Cerqueda, Ramo Cativo, Lume na Cacheira ou as Cantareiras de Verdilllo.

Hoxe, luns 24 de xaneiro, ás 23:00h, Paco do Muxico marcha ata a Campara, en Ponteceso, para facer un Serán cos Jaiteiros da Coteleira. Non os perdan.

E para a semana Paco do Muxico traeranos un concerto do grupo de baile Donaire da Coruña.

Escoitar Foliada cos Jaiteiros da Coteleira

Máis información

Fonte

Comentarios