Unha galería de 500 imaxes dos duros pero exemplares meses do Prestige


Xa temos utilizado algunha das súa imaxes. I é que menudo tesouro que gardou todos estes anos Felipe García. Hoxe, este corcubionés nos abre as portas da súa Galería de fotos en Flickr do Prestige.
Son máis de 500 fotos escollidas de todas as que botou entre finais de 2002 e o 2013. Son testemuña do acontecido nos concellos da Costa da Morte como Corcubión, Cee, Carnota, Camariñas, Fisterra e Muxía. Centrada no pobo de Corcubión, amosa a vida dos voluntarios que chegados de lonxe, e que pasaron días, semanas e mesmo meses, como uns veciños máis loitando contra a invasión do chapapote, e abrindo as mentes de moitas xentes da zona que aínda agardaban outro prestige máis.
As imaxes reflicten a estadía en Corcubión e as viaxes a outros pobos da comarca, realizando un traballo altruísta encomiable, que de feito, xa foi ser exemplo para as próximas, e para as actuais, xeracións costeiras.
Tamén inclue o traballo feito polos militares e mariscadoras nas nosas rías.
Máis información
Novas relacionadas
- Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Lorena Martínez Canosa: As cifras do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).