Unha mesa debate por outra xestión forestal

07:05 17/02/18

”Outra xestión do monte é posible”. Ese é o lema da mesa redonda que serve de primeiro acto público da Asociación Boca de Sapo, nada en Corcubión para loitar contra a invasión dos “colitros”.
Unha vez que o Concello corcubionés xa se declarou “libre de eucaliptos”, a Capela do Pilar servirá de escenario para facer un interesante debate sobre a xestión forestal na Costa da Morte.
Participarán o antropólogo Joam Evans, da Sociedade Coluna Sanfíns, de Lousame, o mestre de FP Forestal Jesús de la Fuente e experto en xestión forestal Marcos Ferreira.
A cita, o sábado 10 de marzo ás 12:00h en Corubión.
Novas relacionadas
- 60 organizacións de toda Galicia lanza unha ILP contra a invansión dos eucaliptos.
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).