Sábado. 22.06.2024
El tiempo

Unha visión antiga á Ría de Corcubión

Unha visión antiga á Ría de Corcubión

Precisamente nunca mellor traído esta histórica carta náutica. Nestes días nos que o debate nominalista enche as redes sociais, traemos esta reliquia, que desta volta nos chega das mans de Adrián Abella, dende Malpica. Disque malia estar selado no 1940, pode ter máis de 200 anos.

Atentos á toponimia castelanizada, que non ten perda, con reliquias como Cé, Lugar de Lézaro, Sardinero de Abaxo, Caromero, ou Arena de Mar de Fuera...

Pincha na imaxe para ampliar o mapa da ría de Corcubión

Curiosamente xa temos publicado varios mapas antigos da zona de Corcubión, e mesmo de Muros, pero queremos que nos enviedes algunha xoia que teñades por aí, para que toda a bisbarra poidamos disfrutar todos do noso pasado.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios