Venres. 03.05.2024
El tiempo

Viki Rivadulla engalanará a Casa do Concello de Corcubión polo seu 8M

Unha Atlantica de Viki RIvadulla
Unha Atlantica de Viki RIvadulla
Viki Rivadulla engalanará a Casa do Concello de Corcubión polo seu 8M

A Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller o Concello de Corcubión prepara unha serie de actividades, obradoiros e accións no marco do día Internacional da Muller. Este 8M ofrecerá unha serie de actividades, entre a que destaca a instalación dunha obra da serie Atlánticas de Viki Rivadulla na fachada do edificio do Concello de Corcubión, nunha fermosa colaboración coa artista muxiá.

Obradoiros de autodefensa e auto coidado.

  • Obradoiro de autodefensa para mulleres a partir de 16 anos. Sábado día 2 de marzo de 9 a 14,30h na Casa da Cultura de Corcubión. Organizado en colaboración coa Xunta de Galicia e monitorado pola Federación Galega de Loita e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
  • Obradoiro de autocoidado “Cando che ferve o sangue” centrado na conciencia do corpo a meditación e o xogo impartido por Soraya Lema mestre en ferramentas de conciencia do corpo. Mércores día 6 de marzo de 18 a 19,30h na Casa da Cultura de Corcubión.

Para ambos obradoiros requírese inscripción previa neste formulario. Hai 20 prazas en non ten custe

Educar en igualdade

Durante os meses de febrero, marzo e abril impartiranse unha serie de obradoiros para a educación en igualdade tanto no IES Fernando Blanco como no CEIP Praia de Quenxe. Conducidos desde a Asociación Visibles, para os máis pequenos estarán centrados na sensibilización sobre a discriminación que sofren as mulleres tentando favorecer o empoderamento e o cambio así como promover a resolución de conflictos en favor do bo trato. Para as máis maiores estarán dirixidos ás rapazas e centrados na deconstrucción dos mitos e os estigmas negativos do imaxinario social sobre o ciclo menstrual e o corpo para pasar a favorecer unha imaxe en positivo.

Andaina

O 9 de marzo haberá unha andaina que quere sementar igualdade. Organizada pola mesa local contra a violencia de xénero do CIM de Cee na que participan os Concellos de Corcubión, Fisterra e Cee convócase esa mañá a camiñar xuntas e xuntos unha ruta que une as tres vilas. Iniciarase en Fisterra (saída desde San Roque ás 8h) e ao seu paso por Corcubión salientaranse dous puntos simbólicos do roteiro “Pegadas da Muller”: o Lavadoiro da aldea de Vilar e a Fonte da Praza de Castelao. A andaina chegará ata Cee aproximadamente ás 14h onde concluirá coa lectura dun Manifesto na Praza 8M. Para participar na andaina debes chamar ao Concello de Cee, Corcubión ou Fisterra

Comentarios