Xulgado un corcubionés por pegarlle e provocar o aborto a unha muller
Foi un 9 de novembro de 2014, cando entrada as primeiras horas da mañá, un veciño de Corcubión que alongaba a noite, achegábase á panadería da vila para pedir un bocadillo. Pero claro, a esa hora a panadería estaba pechada, algo que non lle impediu comezar a berrar para que lle abrisen ata que unha das traballadoras que estaban no interior tivo que saír para indicarlle que estaba pechada.
Segundo a traballadora, de nacionalidade arxentina e naquel entón embarazada de 5 meses, o mozo comezou a agredila, empurrándoa e mesmo tirándoa contra un muro. Asegura ademais que durante o proceso berrouse cousas como mándote ao teu país nunha caixa" ou “voute facer parir, sudaca de merda”.
Unha acusación pola que piden 8 anos de cárcere e 10.000€ de indemnización á vítima, que perdeu o seu fillo 19 días despois de aquel día, e que segue con atención psicolóxica dende entón.
O acusado asegura non ter mallado na muller, e os médicos que atenderon á muller non observaron ningún traumatismo na zona do abdome, pero recoñecen que o estrés deses días posteriores puido ser causante do aborto.
O proceso quedou visto para sentenza.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).