Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 detidos tras unha persecución nun coche roubado

Hurto dun vehiculo en Carballo
3 detidos tras unha persecución nun coche roubado

A Garda Civil de Carballo, en colaboración co Destacamento de Trífico da Garda Civil da Coruña e a Policía Local de Coristanco detivo a tres persoas, como presuntos autores dun delito de hurto de vehículo a motor.

Os axentes atopábanse facendo un control na estrada AC-552, no km.28, cando viron como as persoas que cruzaban nun vehículo se tapaban a cara. “Ante este comportamento anómalo”, os gardas civís consultaron a placa de matrícula do turismo nas bases de datos, figurando nelas como subtraído na localidade da Coruña o 26 de setembro do ano en curso.

Comezou a persecución ao tempo que alertaban a outras patrullas pois perderon o contacto visual á entrada de Carballo. Pero o vehículo foi localizado por outra patrulla da mesma Unidade á altura do quilómetro 34,500 da mesma vía, iniciando esta o seguimiento do turismo, o cal abandona a estrada AC-552 en dirección ao lugar de Oca no término municipal de Coristanco, onde o condutor detivo o vehículo, baixando os tres ocupantes do mesmo, emprendendo a fuxida do lugar á carreira en distintas direccións.

Os gardas civís actuantes inspeccionaron as inmediaciones do lugar, localizando a un dos fuxidos escondido baixo un hórreo, o cal ao decatarse da presenza da Garda Civil inicia novamente a fuxida saltando por un terraplén de gran altura, perseguido polos dous compoñentes da patrulla, conseguindo estes detelo aos poucos metros.
Trala detención desta persoa a patrulla continuou a búsqueda dos outros dous fuxidos, sendo localizados por unha patrulla da Policía Local de Coristanco que participaba no operativo.

A Garda Civil procedeu á detención destas tres persoas, coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos de diversa índole, como presuntos autores dun delito de hurto de uso de vehículo a motor e á recuperación do turismo, achando no interior do mesmo un soplador e dúas rozadoras de procedencia descoñecida.
Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os obxectos recuperados, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.

Comentarios