Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Marea de Coristanco comeza en Valenza unha serie de asembleas parroquais

A Marea de Coristanco comeza en Valenza unha serie de asembleas parroquais

O vindeiro sábado 15 de decembro, terá lugar a primeira das asambleas parroquiais da campaña "A marea contigo" que ten como obxectivo debatir e explicar o proxecto da Marea de Coristanco ao mesmo tempo que escoitar e recoller as demandas das veciñas e veciños de Coristanco. Esta primeira asamblea terá lugar no local social da parroquia de Valenza, ás 18:00h, na que intervirán Carlos Abelenda e Cristian Moreira. ”As asambleas parroquiais son o primeiro paso para construír unha verdadeira candidatura popular, xa que é a xente do común a que expón as súas propostas, as súas queixas, as suas preocupacións, etc”, explica Abelenda. “Deste xeito, poñendo os intereses das veciñas e veciños de Coristanco por diante dos intereses privados de empresas e individuos, será a maneira de derrotar ao caciquismo imperante, de volver a poñer as institucións ao servizo da xente e de devolver a normalidade institucional a Coristanco”, sinala.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/habera-marea-nas-convulsas-municipais-de-coristanco/

Comentarios