A nova EDAR de Santa Comba xa traballa a pleno rendemento
08:05 16/06/14
Leva en servizo dende marzo, e a EDAR de Santa Comba xa funciona a pleno rendemento. O inicio do seu funcionamento supón unha importante mellora ambiental para o río Xallas, que a día de hoxe conta cunha protección efectiva adicional para o seu ecosistema.
A Estación Depuradora de Augas Residuais está situada no núcleo de Guisande e próxima ao río Xallas. A depuradora ten una capacidade de 8.000 habitantes equivalentes e dá servizo a todo o núcleo de Santa Comba. Tralos 2,7 millóns de € que investíu a Xunta, agora a contratista ten 3 anos de contrato, como sinalaron o alcalde xalleiro, Antonio Landeira e os membros da Consellería durante a súa visita do pasado venres.
Novas relacionadas
- Arrincaron as obras da EDAR de Malpica 6 anos despois do inicio do proxecto.
- Santa Comba presentou a súa APP para comunicarse cos veciños.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).