Luns. 07.10.2024
El tiempo

A administración realiza unha Limpeza do río Vao en Coristanco

LImpeza do Rio Vao en Coristanco
Traballos de limpeza do Río Vao en Coristanco
A administración realiza unha Limpeza do río Vao en Coristanco
A administración realiza unha Limpeza do río Vao en Coristanco

Xa case estamos acostumados a que sexan os voluntarios os que realicen as limpezas dos espazos naturais. Así o comprobábamos esta fin de semana coa Limpeza do Río Anllóns por parte da xente de Senda Nova.

Desta volta, é a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, a que está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Vao, no Concello de Coristanco, polas parroquias de Santa María de Ferreira e de San Paio.

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano do río, de 4,4 quilómetros de lonxitude, desde As Teixoeiras ata a área recreativa da Rochela. As obras consisten na retirada de árbores e madeira morta caída sobre o canle do río, e enmárcanse nos tarefas de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa que desenvolve Augas de Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios