Luns. 29.04.2024
El tiempo

Alumnado do IES Monte Neme e do EFA Fonteboa descobre como a UE axuda na modernización do sector agrario alego

KICAP CIAM 1 XORNADA FOTO GRUPO medios
Alumnado do IES Monte Neme e do EFA Fonteboa descobre como a UE axuda na modernización do sector agrario alego

Ata o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) desprazáronse alumnado e profesorado do IES Monte Neme, de Carballo, así como do centro de promoción rural EFA Fonteboa, de Coristanco, para participar, xunto co alumnado do Centro de Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo), nunha sesión formativa sobre como a Política Agraria Común (PAC) contribúe á modernización do rural en xeral, e do sector agrario en particular.

En concreto, un grupo de preto de 40 docentes e estudantes desprazáronse ata este centro de investigación agraria, referente en Galicia, para participar nunhas xornadas organizadas polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza entre Galicia e Norte de Portugal no que participan 14 centros educativos, promovido¡a pola Fundación Juana de Vega, e cofinanciaa polo Fondo de medidas de información no ámbito da Política Agraria Común (IMCAP) da Unión Europea.

Despois das presentacións, Manuel López Luaces, representante da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), fixo unha exposición sobre a Política Agraria Común (PAC) e a importancia dos AKIS, os axentes implicados na transmisión do coñecemento e a innovación no rural. A continuación, o alumnado tivo a oportunidade de participar nunha biblioteca viva, un novo formato no que os alumnos conversaron con investigadores e produtores agrícolas. En concreto, Teresa Moreno e César Resch, investigadores do CIAM; Elena Piñeiro, presidenta da Asociación de Conselleiros Rurais de Galicia, e Ana Corredoira, gandeira de leite ecolóxico.

A xornada rematou cunha visita guiada ás instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Comentarios