Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Alumnado de FP do EFA Fonteboa aprende de maquinaria agrícola na FIMA

Alumnos FP EFA Fonteboa FIMA 2024
Alumnado de FP do EFA Fonteboa aprende de maquinaria agrícola na FIMA

De xoves a sábado, un grupo de 45 alumnos do Centro de Formación EFA Fonteboa, dos Ciclos Formativos de Produción Agropecuaria, Gandería - Axudas en Sanidade Animal e Paisaxe - Xestión Forestal, acompañados por dous profesores (Junior Ramas e Adrián García) viaxaron á Feira Internacional de Maquinaria Agrícola de Zaragoza, onde puideron ver novidades en maquinaria e equipamento agrícola, especialmente en cuestións como a aplicación de drons ás actividades agrícolas e os avances na agricultura de precisión.

Aproveitaron a viaxe para visitar a Gandería Lacturale, en Larraintzar (Navarra), unha explotación con 500 muxidores, pioneira na implantación de robots de muxido (hoxe contan con 8). Trátase dunha SAT, froito da fusión de pequenas explotacións da zona e que hoxe venden unha parte da produción baixo marca propia aos consumidores locais.

Comentarios