Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CEIP de Bormoio-Agualada, O Areal e o IES Eduardo Pondal poderán instalar sendos ascensores

Visita ao CEIP Bormoio Agualada
A directora do centro Olalla Formoso Sanmartín fixo de anfitrioa ante a visita municipal
O CEIP de Bormoio-Agualada, O Areal e o IES Eduardo Pondal poderán instalar sendos ascensores

O CEIP de Bormoio-Agualada recibía onte unha visita da Xunta. O delegado da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, anunciou a licitación de tres ascensores que se instalarán no CEIP de Bormoio-Agualada en Coristanco, no CEIP O Areal de Camariñas e no IES Eduardo Pondal de Ponteceso. En total estas tres actuacións suporán un investimento de máis de 200.000 euros. 

Son actuacións que pretenten mellorar a acesibilidade nestes centros educativos, teñen como obxectivo “ofrecer un mellor servizo á comunidade educativa”.  

No CEIP de Bormoio-Agualada a instalación do ascensor realízase no interior do edificio principal, preto das escaleiras, sendo esta a zona próxima á entrada e de maior amplitude nos seus espazos comúns. Para a súa instalación ocuparase parte da sala de profesores en planta baixa e parte dunha aula en planta alta.

No CEIP O Areal de Camariñas a instalación do ascensor realizarase encostada á fachada da edificación e dentro dun patio existente. En planta sitúase nun dos accesos ao patio interior cuberto, o cal conta actualmente con acceso. Na planta baixa o desembarco realízase nunha zona común do centro o igual que nas plantas altas. 

No IES Eduardo Pondal de Ponteceso proxéctase a implantación dun ascensor accesible que comunique verticalmente todas as plantas da edificación principal do IES, conformándose así un percorrido accesible desde o acceso exterior ata calquera punto do interior da edificación. O emprazamento do referido ascensor no interior da actual edificación, no vestíbulo central de acceso principal.
 

Comentarios