O Centro Interxeracional da Rocheira, listo para convertirse en epicentro social

08:58 16/09/21
Ao carón da piscina, do campo de fútbol, do río, dunha área recreativa. A localización do novo Centro Interxeracional de Coristanco é un bo aliciente para esperar que se convirta nun punto neurálxico da vida social municipal.
Así o sinalou o alcalde Juan García e a conselleira de Política Social, Fabiola García, que valoraron a recuperación dun espazo que levaba moitos anos esquecido.