![]()
O verán chega con forza a
Santa Comba en canto á oferta de ocio se refire. O concelo xalleiro vén de publicar un completo programa para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro dirixido a todos os públicos.
A programación arranca este sábado, día 23, cun
torneo de fútbol 8 no que participarán xogadores e xogadoras de distintos puntos. Xa o 29, continúa a programación coa
actuación do mago Martín Camiña - ilusionista "Encantos de rúa" que actuará ás 19:00 horas no campo da feira. Ese mesmo día, r
eabrirase a piscina municipal.
Xullo virá cargado de actividades. A casa da cultura acollerá durante todo o mes a
exposición de fotografía "Enfocando Santa Comba", haberá un campamento urbano en inglés entre os días 2 e 13 dirixido a nenos e nenas nados entre o 2006 e o 2012. Xa o sábado 23 de xullo, o campo da feira será o escenario dun
encontro multicultural no que haberá música, obradoiros e outras moitas actuacións nas que se representarán distintos países.
Os deportes tamén serán protagonistas cun
torneo de pádel senior e outro infantil (28 e 29 de xullo) e cunha
xornada de aventura na natureza que se desenvolverá en Naturmaz. En xulllo comeza tamén un
curso de monitor de tempo libre.
![]()
Xa en agosto será tempo dos campamentos. Durante a primeira quincena do mes, os nenos e nenas nados entre o o 2012 poderán participar nun
campamento multideportivo. E na última semana haberá un c
ampamento urbano educativo-tecnolóxico. Os estudantes de primaria terán tempo de repasar materias como o inglés, as matemáticas,... con
"O sabedoiro do verán" que se desenvolverá os martes e os xoves entre as 10:00 e as 13:00 horas. O 8 de agosto, o concello organiza unha
excursión ao Aquapark de Cerceda e o vénres, 10 de agosto, a biblioteca municipal aoclle un espectáculo de moniquecres
"Xan perillán e a maleta máxica". E xa o 26 de agosto, celebrarase o XXII día da bici.
As actividades continúan en setembro co
torneo de tenis "Os milagros", que se celebrará na primeira quincena do mes; un
campamento xuvenil "Acción de Verán" (do 2 ao 9) e coa
gala do deporte.
Comercio
![]()
O comercio e a hostelería tamén aproveitarán o verán para facer unha potente campaña de promoción. Serán varios establecementos os que participen na campaña na que se realizarán distintos sorteos entre todos os clientes da vila.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Santa Comba