Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Coa terra nas mans”: Coristanco estrea o seu necesario documental sobre a pataca

Coa terra nas mans follet
“Coa terra nas mans”: Coristanco estrea o seu necesario documental sobre a pataca

Este 21 de decembro terá lugar no Concello de Coristanco a preestrea do proxecto documental "Coa terra nas mans”. Un traballo audiovisual que fala do pasado, presente e futuro da pataca de Coristanco, e do que supón para a veciñanza o traballo no rural. O proxecto, que conta coa colaboración da Deputación, busca recuperar a sabedoría popular (sobre as datas de plantación, refráns, nomes dos apeiros de labranza...) e as lembranzas dos veciños sobre un pasado marcado pola terra, para poñer en valor este patrimonio inmaterial ante os máis novos, e para levar a pataca de Coristanco polo mundo adiante con moito orgullo.
Para iso, fala con diferentes asociacións, empresas e organismos vinculados á Pataca de Coristanco.

O documental, realizado por Tex45 Producións, estará na rede aberto ao público a partir do vindeiro día 30, na web www.coaterranasmans.com. A web terá ademais outras pezas temáticas con contidos extra, e poderá accederse tamén aos folletos informativos sobre os apeiros tradicionais de labranza e sobre o ciclo da pataca, xa facilitados aos centros educativos da contorna, na súa versión escrita e de audio.

Pode descargar aquí un folleto informativo sobre o proxecto.

Comentarios